Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A Concellería de Cultura presentará no Claustro de San Francisco os libros gañadores dos Premios Literarios de 2019, o Risco de Creación Literaria e o de Poesía Cidade de Ourense. Será os días 18 e 25 de xuño, ás 20:00 h.

O xoves día 18 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da obra gañadora do XX edición Premio Risco de Creación Literaria, coa presenza do autor Jorge Llorca que gañou o certame co título O anxo de Durero. Asistirán Luís Martínez Risco, presidente da Fundación Vicente Risco, e Mario González, concelleiro de Cultura. Na presentación haberá unha actuación do actor Avelino González, que representará Risco contado, en homenaxe a unha das figuras claves da Xeración Nós.

O xoves 25 de xuño, tamén no Claustro ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da obra gañadora do XXXV edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense coa presenza da autora Charo Lopes, que gañou o certame co título Álbum. No acto estará o poeta Carlos da Aira, gañador da edición do Premio de Poesía no 2018, e Mario González, concelleiro de Cultura. Ao remate haberá unha actuación musical.

Premios Literarios de 2020

O pasado día 5 de xuño remataba o prazo para a presentación de obras para os premio Risco e o premio de Poesía deste 2020. Ata este momento, hai un total de 10 propostas presentadas para o Risco, e 27 para o de Poesía, a falta de que poda chegar algún traballo máis presentado en rexistros doutras cidades.

Premio Nós de Relatos

A novidade deste ano é o Premio Nós de Relatos, que nace baixo as actividades conmemorativas do centenario da Revista Nós que se están a desenvolver nestes meses. A data límite para presentar propostas para este certame é o 4 de setembro.