Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Circo e música blues, na terraza do Auditorio,, e as exposicións dos fondos do Museo Municipal, a VI Bienal de pintura xove e Isidro Tascón, forman a axenda da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para esta semana na cidade. Estas son as propostas:

  • Xoves, 9 de xullo | 20.30 h | Terraza do Auditorio Municipal
    CIRKO PSIKARIO - Aloló [info]
    Circo para toda a familia. Equilibrios imposibles, música en directo, malabares, acrobacias e maxia van da man nun divertido espectáculo no que pode pasar de todo. Un espectáculo para a cativada que se adapta a todos os públicos.
  • Venres, 10 de xullo | 20.30 h | Terraza do Auditorio Municipal
    BLUES TIME - Concerto de blues [info]
    Blues Time é unha banda de bluesrock que xurdiu en Ourense en 2018. O grupo combina temas íntimos con outros máis movidos, pero sempre respectando a personalidade propia do blues. Preséntannos o seu primeiro disco “Blues Time Álbum”.

OS NOSOS FONDOS | Museo Municipal de Ourense, r/ Lepanto
A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.

CROMÁTICA | Museo Municipal de Ourense, r/ Lepanto (2º andar)
VI Bienal de Pintura Xove. Fundación Cum Laude (mesmos horarios)

ISIDRO TASCÓN – Réplica. Sala Ángel Valente (rúa do Paseo, 20)
Isidro Tascón (León, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Entre 1994-96 destaca a súa colaboración na Documenta X e Museum Fridericianum, Kassel-Alemania. Foi premiado en diversas ocasións nas modalidades de pintura, escultura e litografía pola Junta de Castilla e León. En 1999 recibe en Madrid (Calcografía Nacional) o premio de litografía no Certamen Gráfico de Jóvenes Creadores. Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto en España coma no estranxeiro e estivo presente en certames do circuíto internacional de arte contemporáneo como Arco, Art Salamanca, ArteSantander, MiArt, Artelisboa…
* Mesmos horarios que o Museo
 
Espazo Expositivo Arturo Baltar
Tamén está aberto ao público, de luns a venres, de 11:00 a 14:00 h, o espazo expositivo Arturo Baltar, na Praza de San Cosme e San Damián. Nela pódese contemplar, entre outras obras, o Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor. Componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas conxuntamente coas construcións de carácter popular, crean ese ambiente singular.

Claustro de San Francisco
O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas. Os luns permanece pechado.