A compañía ourensá Sarabela Teatro presentará esta semana no Auditorio a súa última montaxe, A lingua das bolboretas, adaptación da novela orixinal de Manuel Rivas, con dirección e dramaturxia de Gonçalo Guerreiro.
Esta mañá tivo lugar a presentación do espectáculo, na que participaron o director e integrantes de Sarabela Teatro, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o técnico de Cultura do Concello de Ourense, Manuel Freire.
A obra representarase no Auditorio o mércores 16 e o xoves 17 ás 21:00 horas, con aforo limitado a un máximo de 60 persoas, con máscara e sempre cumprindo coas indicacións da orde de 2 de setembro da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense.
As entradas pódense adquirir en Ataquilla
DOCUMENTACIÓN
- Máis información sobre a obra Dossier (PDF)
- Cartel da obra Lingua_das_bolboretas (JPG)