Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades. 

  • O xoves 12 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, primeira cita da tempada co Enclave de Cámara a cargo do Dúo del Valle, formado polos irmás Víctor e Luís del Valle. Interpretarán obras de Schubert, Corigliano e Ravel. O prezo da entrada é de 8€. 
  • O venres 13 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal, actuará a compañía Lila Teatro, representando a obra Rara avis. Trátase dunha peza teatral dirixida a público adulto. O prezo da entrada é de 5€.
  • O sábado 14 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal, o Grupo Fiadeiro representará a obra A viaxe de José, unha peza músico-teatral dirixida a todos os públicos. A entrada será gratuíta até completar aforo.
  • Por último, o domingo, 15 de novembro ás 18.00h, a Sala Principal estará reservada á Compañía Pérez & Fernández representando a obra Os nenos da variola. Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos. O prezo da entrada é de 5€.

O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Máis información na web de Cultura do Concello