Os concursos de decoración de Nadal para incentivar a participación de vivendas particulares e de locais comerciais no ambiente festivo na cidade, promovidos polo Concello de Ourense e organizados por Ecourense e Viaqua, xa teñen gañadores.
Ao Concurso de decoración de fachadas en vivendas particulares, organizado por Viaqua, presentáronse 52 candidaturas individuais. Estas foron as mellores:
- Primeiro premio, dotado con 1.500 euros
Rúa da Granxa 82 - Segundo premio, 500 euros
Paseo do Tinteiro número 4 - Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns): 500 euros
Rúa Faustino Míguez 3-6B
Avenida de Bos Aires 23-3G - Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares): 500 euros
Rúa Julia Minguillón 35
Urbanización Pazo de Ramirás 52
O Concurso de decoración de locais comerciais, en interior ou en exterior, promovido por Ecourense, contou con 64 participantes.
- Primeiro premio, dotado con 3.000 euros.
Farmacia Martínez de Paz Vázquez. Rúa Francisco de Moure, 22. O xurado destacou a súa orixinalidade, o seu atractivo deseño e coidada iluminación, ademais da utilización de materiais reciclados. - 5 segundos premios, de 1.000 euros cada un:
Lecer Manualidades.
Solaina
Dianma asesores
Cafetería JP
Arte 3
O Concello celebrará unha entrega oficial de premios o vindeiro 11 de xaneiro.