Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Fachada do Auditorio

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá o plan estratéxico de subvencións da Área de Cultura do Concello para o exercicio 2021, unha ferramenta para a planificación estratéxica das políticas do gasto público no eido cultural

Auditorio

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria da cidade, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense apraza a programación de actividades que tiña previsto desenvolver no mes de outubro no Auditorio Municipal.

O Concello reprogramará os espectáculos cando as circunstancias sanitarias o fagan aconsellable.

A Fundación ”la Caixa” e o Concello de Ourense presentan a exposición Xénese, de Sebastião Salgado, na Avenida de Pontevedra até o 4 de novembro.

O Claustro de San Francisco abrirá, desde hoxe, no horario de inverno. Un cambio habitual nos últimos anos para adaptarse ás horas de luz.

Foto do xurado

Lorena Conde é a gañadora da 36ª edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que convoca o Concello.

A exposición 'O significado de NÓS' instálase desde mañá, venres 25 de setembro, no primeiro tramo da rúa do Paseo -desde os xardíns do Padre Feijóo até o cruzamento coa rúa Alejandro Outeiriño- para dar a coñecer o significado da Xeración NÓS para Ourense.

Fotos dos poetas participantes

A poesía circulará o sábado pola mañá nas liñas de autobús de Ourense. A Bela Auria, que se celebra ese mesmo día na Praza do Bispo Césareo, promove a actividade “NÓS urbanos”, que converterá os autobuses da cidade en arterias literarias.

Sarabela no Auditorio

A compañía ourensá Sarabela Teatro presentará esta semana no Auditorio a súa última montaxe, A lingua das bolboretas, adaptación da novela orixinal de Manuel Rivas, con dirección e dramaturxia de Gonçalo Guerreiro.

Cartel das xornadas sobre Risco

As Xornadas Vicente Risco e as vangardas históricas”, que organiza a Fundación Vicente Risco coa colaboración do Concello, comezarán hoxe, luns, 14 de setembro, ás 20:30 horas, coa proxección do filme “Berlín. Sinfonía dunha grande cidade”, de Walter Ruttmann (Alemaña, 1927) na Casa da Cultura de Ourense (local de proxección do Cine Clube Padre Feijóo), con música en directo a cargo de Caspervek Trío.

O sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado