Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado

O Concello de Ourense abre desde o día 10 até o 30 setembro, o prazo para solicitar as axudas da convocatoria 2020 de subvencións para actividades culturais e festivas. 

Baldin Bada, da Cía. Shakti

O Verán Cultural despídese esta semana, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio (rúa da Canle), con dúas propostas esencialmente escénicas, de balde e para todos os públicos

Edu Manazas e The Soul Jacket

O novo circo de Edu Manazas e o rock and roll setenteiro do grupo galego The Soul Jacket son as propostas para esta semana do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense na terraza do Auditorio.

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense publica as bases que rexerán a convocatoria de axudas destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas na cidade 

Cartel da obra "Moito ruído"

Música jazz con Alfonso Medela Trio e Diana Tarín, mistura de sons de Galicia e Marrocos con Tandub, teatro con Lagarto Lagarto e danza co festival Corpo (a) terra son as catro propostas de actividades culturais para esta semana que realiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

Cartel da campaña

A campaña de agasallo de libros aos escolares que realizou o Concello de Ourense remata cun grande éxito de participación, tras chegar a máis de 8.470 nenas e nenos da cidade.

A Concellería de Cultura programa esta semana, dentro do Verán Cultural, actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

Cartel da campaña

O Concello de Ourense desenvolve até o venres, 14 de agosto, a campaña de agasallo de libros á rapazada. Os nenos e as nenas poden achegarse até ese día a calquera das librerías participantes e escoller o libro que máis lles guste.

A Concellería de Cultura programa esta semana, dentro do Verán Cultural, dúas actuacións de teatro xestual na terraza do Auditorio.