Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Tor Folk

A Concellería de Cultura prosegue co programa do Verán Cultural, que esta semana inclúe -ademais das actividades da terraza do Auditorio, teatro e música- Jazz en directo no centro comercial.

A Concellería de Cultura abriu unha nova canle para a difusión da súa programación. Será a través da plataforma Telegram.

Este mércores arrinca, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o ciclo de concertos de jazz que ofrecerá o Alfonso Medela Trio dentro da programación do Verán Cultural da Concellería de Cultura.

Blues Time

Circo e música blues, na terraza do Auditorio,, e as exposicións dos fondos do Museo Municipal, a VI Bienal de pintura xove e Isidro Tascón, forman a axenda da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para esta semana na cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Cultura, Mario González, visitaron esta mañá a libraría Nobel para supervisar a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación', coa que o Concello agasalla cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016.

Cartel dos concertos

O Concello amplía a oferta cultural de verán con catro concertos de Alfonso Medela Trío, acompañados por Diana Tarín, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella.

Logo da exposición

O Museo Municipal ábrelle de novo as súas portas á cidade desde o martes 30 de xuño. Será coa colección de arte privada que custodia o Concello, 'Os nosos fondos'. Preténdese dar a coñecer aos propios ourensáns e a todo o público que veña a visitar a nosa cidade o importante patrimonio dos artistas locais: “Nun momento tan convulso coma o que estamos a vivir, é moi importante para a nosa identidade social e cultural amosar a colección de arte máis íntima dos nosos artistas máis destacados”, asegura Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense.

Claustro de San Francisco

A Concellería de Cultura presentará no Claustro de San Francisco os libros gañadores dos Premios Literarios de 2019, o Risco de Creación Literaria e o de Poesía Cidade de Ourense. Será os días 18 e 25 de xuño, ás 20:00 h.

Cartel da campaña

Xa está en marcha a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación' para agasallar cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016. Esta acción quere fomentar a lectura entre a mocidade ao tempo que axudar o comercio local e, concretamente, o sector libreiro, especialmente afectado polo peche decretado polo estado de alarma.

Terraza do Auditorio

A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán, a que se desenvolverá na Terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle- os meses de xullo, agosto e setembro.