Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel do Enclave de Cámara

O Concello de Ourense pechou a programación da que será a oitava edición do ciclo de música Enclave de Cámara, que se desenvolverá desde o día 1 de outubro na cidade. O programa mantén os concertos que tiveron que aprazarse debido á pandemia da COVID-19 e incorpora dous máis, facendo un total de dez. Conmemorarase a festividade dos músicos, Santa Cecilia, cun concerto do Dúo Cassadó e rematará o ciclo ao aire libre, na Praza de San Martiño en xuño do 2021 con Hércules Brass.

O Concello de Ourense aprobou esta mañá, en xunta de goberno extraordinaria, as bases e a convocatoria do Premio Nós de relatos 2020, unha das actividades coas que a Concellería de Cultura quere incentivar a creación e publicación en galego no centenario da Revista Nós.

Explanada do Auditorio

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense deseñou unha programación de actividades de verán adaptada á nova situación sanitaria, que pretende achegarlle ao público ourensán propostas de diferentes modalidades escénicas, sempre que a evolución da pandemia da COVID-19 e da desescalada prevista así o permitan. As propostas están pensadas para realizarse ao aire libre, de forma controlada, adaptándose ás normas de prevención ditadas polo goberno do Estado en canto ao aforo limitado, as distancias de seguridade e o uso de cadeiras, entre outras.

Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Ourense, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano.

Cartel dos Premios Literarios

O Concello de Ourense conmemora este domingo 17 de maio o día das Letras Galegas -no que lembramos a figura de Ricardo Carvalho Calero- cunha entrega de libros gañadores das diferentes convocatorias de certames literarios municipais. Será o domingo, entre as 11:00 e 14:00 horas, nunha carpa na rúa do Paseo -á beira da Sala Valente-, onde os ourensáns poderán recoller un exemplar gratuitamente.

Xuntanza do alcalde cos libreiros

O Concello de Ourense recompensará a todos os nenos e mozos de ata 18 anos pola etapa de confinamento co regalo dun libro da súa elección en calquera das librerías da cidade. Ademais de fomentar a lectura entre a mocidade, o Concello quere axudar o comercio local e, neste caso, o sector libreiro, especialmente afectado polo peche decretado polo estado de alarma.

Concellería de Cultura

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense vén traballando, dende a declaración do estado de alarma, co obxectivo de recuperar e reforzar a actividade cultural da cidade. Con tal fin, prepárase unha programación de rúa para os meses de xullo, agosto e setembro, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan, con espectáculos itinerantes de artes escénicas e unha especial presenza da música e do teatro. Os espectáculos desenvolveranse de forma itinerante para evitar que o público forme concentracións. Con este modelo haberá actividades semanais para todos os públicos, que dinamizarán varios días as rúas da cidade con propostas que, polo seu formato, se adaptan ás restricións que obriga a pandemia.

Teatro Principal

O Concello de Ourense asumirá a xestión do Teatro Principal de Ourense. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, acadaron un principio de acordo que se matizará nos próximos días polo que a Deputación de Ourense, titular do equipamento, transferirá ao Concello a xestión do Teatro Principal de Ourense, espazo de referencia na programación de actividades culturais na cidade.

Foto da presentación

Os concellos de Ourense e Montealegre colcaborarán na promoción das súas actividades festivas e deportivas máis destacadas. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o rexedor da cidade portuguesa, Orlando Alvés asinaron esta mañá un protocolo que recolle a vontade de colaboración e irmandamento cultural entre ambos municipios, que se plasmará no ámbito festivo na celebración, do Venres 13/Sexta 13-Noite das Bruxas, que se desenvolverá en Montealegre o día 13 de marzo, e na Noite da Santa Compaña, que se celebrará en Ourense o 31 de outubro, na súa segunda edición. No ámbito deportivo, a primeira referencia será o Campionato do mundo de Ralicross World RX of Portugal, que se desenvolverá os días 2 e 3 de maio na cidade portuguesa.

Cartel dos premios

O Concello de Ourense abre a convocatoria de dous dos premios literarios máis senlleiros: o Risco de Creación Literaria e o Cidade de Ourense de poesía, ambos con premios de 6.000 euros e a publicación das obras gañadoras. Nos vindeiros días anunciarase, tamén, o novo concurso de relatos que se porá en marcha este 2020. O prazo de presentación de traballos está aberto até o día 5 de xuño.