Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Foto do desfile

O xurado do concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense para distinguir as mellores comparsas do desfile e elixir Rei ou Raíña do Entroido de Ourense 2020, acordou conceder os seguintes premios:

  • Comparsas con máis de 10 compoñentes:

1.- Piratas del Caribe (900€)
2.- Estrelas da noite (700€)
3.- Gran circus Ben-Cho-Shey (500€)

  • Comparsas con menos de 10 compoñentes:

1.- La boda del año (400€)
2.- Arlequíns venecianos (300€)
3.- Asociación de persoas xordas de Ourense (200€)

  • Premio especial á comparsa máis numerosa: Leticia Nogueira Pérez (300€)
  • Premio especial á comparsa máis ocorrente ou graciosa: Ourenpark (300€)
  • Premio especial á comparsa con mellor animación musical: Bicos no vento (300€)
  • Premio ao mellor deseño: Loucos por voar (300€)
  • Premio á mellor animación: El gran showman (300€)

 

  • Raíña do Entroido de Ourense 2020: María Muleiro (600€)
Cartel de "O libro da selva"

A popular historia O libro da selva, orixinal de Rudyard Kipling, chega este domingo ao Auditorio (12:00 h) en formato de teatro musical da man de Teatro Avento. A compañía galega realiza en Ourense a segunda parada na xira de estrea da súa nova montaxe, que iniciara o pasado domingo enchendo de público o Auditorio de Vigo. O espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, pola que non pasa o tempo, que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade, e a tolerancia aos distintos a nós. As entradas pódense adquirir na páxina web Ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

Xuntanza do alcalde e o conselleiro de Cultura

O Xacobeo 2020, dentro do seu programa descentralizado Xacobeo Cidades, traerá a Ourense un grande evento cultural e promoverá outros a través da participación dos colectivos locais. Así o fixo saber o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na reunión celebrada esta mañá na Alcaldía de Ourense, e que contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e os concelleiros Jorge Pumar, Mario González e Flora Moure, así como da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz.

Carteleira Auditorio

As compañías de teatro Matarile e Sarabela presentan esta fin de semana, no Auditorio de Ourense, as súas propostas teatrais dirixidas ao público adulto e infantil, respectivamente. Será dentro dunha programación cultural que comeza o venres coa presentación do novo disco d'A Banda da Loba. As entradas para os tres eventos pódense adquirir en na páxina web de Ataquilla no teléfono 902 504 500, na sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes de cada función.

Cartel de Sin título

O Auditorio Municipal de Ourense programa para esta fin de semana tres espectáculos: teatro para bebés, mañá, venres, en dobre sesión (18:00 e 19:00 h) con Levántate Xan, danza para público adulto, o sábado, con Sin título 97/17, de Sil produccións (20:30 h), e teatro infantil na cita dos domingos pola mañá (ás 12:00 h), con Segundo caviloso. As entradas para estes dous últimos espectáculos pódense adquirir a través da páxina web Ataquilla na sala de exposicións de Afundación na Praza Maior e o no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

Cartel do Entroido 2020

O Concello reforza a programación do Entroido de Ourense 2020 coa finalidade de potenciar a súa dimensión de Entroido líder no Noroeste peninsular. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que presentou a programación de actividades xunto ao concelleiro de Cultura, Mario González e representantes dos Entroidos da cidade: As Pitas das Eiroás, Paquita e Nicanor de Seixalbo e Frei Canedo da Ponte.

Como principal novidade, o Entroido de Ourense (13 ao 26 de febreiro) contará por primeira vez con 3 desfiles. Xunto ao tradicional de comparsas e carrozas do domingo, 23 de febreiro, incorpora un desfile infantil (venres, 21, 12.00 h) no que participarán 1.300 escolares da cidade, e un desfile dos Entroidos da cidade (o mesmo día, ás 20:30 h), que percorrerán as rúas e prazas da zona vella da cidade.

Foto do dúo

A cita do mes de febreiro co Enclave de Cámara, este xoves 6 de febreiro ás 20:00 horas no Liceo de Ourense, reunirá dous dos músicos máis talentosos do panorama internacional da música clásica: Isabel Villanueva (viola) e François Dumont (piano). As entradas pódense adquirir en Ataquillaataquilla.com ou no propio espazo, dúas horas antes da función.

O Entroido 2020 xa está en marcha na cidade coa convocatoria do Concurso de Comparsas e da Elección do Rei-Raíña, cuxas bases publica a Concellería de Cultura no seu espazo web e que están abertas a asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios, etc.

Foto do espectáculo Play

A compañía Aracaladanza, Premio Nacional de Teatro para a Infancia 2010, presentará este domingo, 2 de febreiro, ás 19.00h no Auditorio a súa última produción, para nenos e nenas a partir de 4 anos: PLAY. A compañía que dirixe Enrique Cabrera, comparte co público desde hai 24 anos un universo fascinante, desde a mirada de quen, a través da imaxinación e da danza, está convencido de que a maxia transforma de maneira máxica a realidade.

 

Cartel coas exposicións de febreiro

Até o 16 de febreiro pódense visitar as exposicións Inquietudes, de Fernando Prieto e Fragmentos de existencia de Francisco Ramos, que se amosan no Museo Municipal, e a Retrospectiva de 'Carmucha' Vázquez Prats, na Sala Valente. Máis información, no espazo web da Concellería de Cultura Axenda cultural da cidade