Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel Nadal 2019

O Concello de Ourense presenta a programación de actividades do Nadal de Ourense 2019, cunha chea de propostas para todos os públicos que se desenvolverán desde o día 16 de decembro até o 6 de xaneiro.

Consulta aquí a programación completa: Programa_de Nadal Ourense_2019 (pdf) 

Carteleira decembro

O Ballet Nacional Ruso será esta semana o protagonista da programación de actividades que desenvolve o Concello no Auditorio Municipal, cunha dobre sesión que lle permitirá ao público ourensán desfrutar das adaptacións de dúas obras clásicas con partitura de Tchaikovshy: O Quebranoces e A bela dormente, o mércores, 11, e o xoves, 12, respectivamente, ambas ás 20.30 h.

Cartel de Sombras

A xenial bailaora e coreógrafa Sara Baras é a aposta da programación cultural do Concello para esta semana. O sábado, 7 de decembro, ás 21.00 h subirá ao escenario do Auditorio para presentar Sombras, o espectáculo co que vén de triunfar en cidades como Nova York, Londres, París ou Barcelona. A artista gaditana leva máis de 30 anos sobre os escenarios, acadando éxito tras éxito a nivel internacional e reunindo millóns de espectadores. A programación cultural do Concello para esta semana complétase coa programación infantil do Auditorio, o domingo, ás 12.00 h, coa obra Duncan de Palleiro e as exposicións de Xavier Cuiñas Liña de flotación na Sala Valente, e as de Francisco Ramos Fragmentos de existencia e Fernando Prieto Inquietudes no Museo Municipal.

Xurado do Premio

A obra co lema Mar adentro e o título O anxo de Durero, do autor ferrolán Jorge Llorca é a gañadora da vixésima edición do Premio Risco dre Creación Literaria, que convocan o Concello de Ourense e a Fundación Risco. Así o acordou na xuntanza que celebrou este mediodía no Liceo o xurado deste certame, que estivo formado por Mario González, concelleiro de Cultura, Luis Martínez Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco, Andrea Fernández Blanco, tradutora, e María Fernández da Costa, profesora de lingua e literatura galegas, actuando como secretaria a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Mónica Fernández Valencia.

Foto da presentación de SóloDOS

A cidade de Ourense converterase un ano máis en referente da danza contemporánea coa 4º edición de SóloDOS en Danza. O certame desenvolverase desde mañá, xoves 21, até o sábado 23 de novembro, cunha chea de actividades que lle achegarán a danza contemporánea a todo tipo de públicos.

O Concello de Ourense inicia este luns, 18 de novembro, 'Outono con apego', unha chea de propostas e actividades dirixidas ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e tamén a profesionais da educación infantil.

O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Anxo Saborido presentaron esta mañá o IV Ciclo Lírico Ourense 2019, que se desenvolverá os 3 próximos venres (15, 22 e 29 de novembro) ás 20.00 horas no Teatro Principal.

Manuel Brañas

A formación ourensá Brañas Folk abrirá mañá, venres, 8 de novembro, ás 20.00 h na Praza Maior unha cuádrupla cita coa mellor música galega, organizada polo Concello dentro da programación do Magosto 2019. O Concello aposta este ano por potenciar a festividade ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de animar a cidadanía para participar na festa e converter Ourense nun referente cultural e lúdico. Así, durante 4 días, subirán ao escenario da praza, ademais do grupo ourensán, outros nomes de tanto prestixio como Susane Seivane, Leilía e Os de Abaixo.

Cartel de programación

A cita co Enclave de Cámara adiántase este mes de novembro ao mércores -6 de novembro- para recibir o cuarteto de corda Simply Quartet, que dará inicio a unha semana de intensa actividade na axenda da Concellería de Cultura, xa que o Auditorio acollerá a obra O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, os concertos tributo a Michael Jackson e Mecano, xunto coa programación infantil.

Cartel do Magosto 2019

O Concello de Ourense aposta pola festividade do Magosto 2019, ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de potenciar estas festas, animar á cidadanía para participar nelas e converter Ourense nun referente de actividade cultural e lúdica. O Magosto, festa representativa da cidade, estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro cunha vintena de actividades entre as que destacan os concertos dunha selección dos mellores grupos galegos, como Brañas Folk, Susana Seivane, Leilía ou Vos de Abaixo, o Espazo Galaico que estará en Bispo Cesáreo, xunto co tradicional magosto popular, as actividades de animación de rúa e as dirixidas ao público infantil. O concelleiro de Cultura, Mario González, e o programador Álex Hermida presentaron a programación de actividades.