Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Cartel de Muiñeiras

Luisa Merelas, Luis Zahera con Oswaldo Digón ou Ángeles Martín con Beatriz Bergamín subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense, que programa tres interesantes citas teatrais.

Mario González e Álex Hermida

O Concello de Oruense aposta polas festividades do Samaín e Magosto 2019, ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de potenciar estas festas, animar á cidadanía a participar nelas e converter Ourense nun referente de actividade cultural e lúdica. O Magosto, festa representativa da cidade estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro cunha vintena de actividades entre as que salienta os concertos dunha escolma dos mellores grupos galegos, como Brañas Folk, Susane Seivane, Leilía ou Os de Abaixo, ou o Espazo Galaico que estará en Bispo Cesáreo, xunto coa tradicional magosto popular, as actividades de animación de rúa e as dirixidas ao público infantil. O concelleiro de Cultura, Mario González, e o programador Álex Hermida presentaron a programación de actividades.

Auditorio

O Concello de Ourense convoca as subvencións destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidos por asociacións de veciños e comisións de festas. Desde o venres, 18 de outubro até o venres, 8 de novembro, as entidades ou asociacións poderán presentar as súas solicitudes.

Foto da presentación

O concelleiro de Cultura, Mario González e o promotor do ciclo Carlos Carbonell presentaron esta mañá a sétima edición de Enclave de Cámara de Ourense, que comezará este xoves, 10 de outubro, as 20h no Teatro Principal, coa actuación do Cuarteto Talich e Noelia Rodiles (Chequia e España). O ciclo trata de achegar a música culta a toda a cidadanía, con 8 concertos que se sucederán desde outubro até xuño de 2020, mantendo a súa programación o primeiro xoves de cada mes ás 20h.

Cartel da exposición

O Museo Municipal inaugurará hoxe, venres, 4 de outubro, ás 19:30 horas a exposición “Fragmentos de existencia”, do artista ourensán Francisco Ramos, que estará aberta ao público até final de ano na sala III do Museo da rúa Lepanto. A mostra consta dun total de 20 acuarelas de formato medio-grande e un óleo sobre táboa.

Francisco Ramos, natural de Morgade (comarca da Limia) é un artista que sente a textura acuosa da acuarela a través das cores de diversa natureza, integrando de forma diferente e atrevida tons fríos e cálidos, facendo xurdir dunha captura previa do natural unha abstracción paisaxística.

O Museo Municipal acolle tamén ata final de ano, nas salas I e II a exposición “Inquietudes” de Fernando Prieto, formada por unha colección de 30 obras sobre lenzo do pintor coruñés. 

Foto da rolda de prensa

O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Manuel Freire presentaron a programación de actividades que acollerá o Auditorio Municipal de Ourense durante o último trimestre do presente ano. Tras ser escenario en setembro de presentacións destacadas como a estrea da última montaxe de Sarabela: “Crónicas do Paraíso”, o Auditorio acollerá de outubro a decembro unha trintena espectáculos que porán á disposición do público da cidade unha ampla variedade de modalidades escénicas. Entre elas, o teatro, coa estrea das obras “Todas as marabillas do mundo”, de Producións Dispersas – o 20 de outubro -, e “O meu mundo non é deste reino”, de Teatro da Ramboia – o 7 de novembro -. Tamén cabe subliñar as obras “Non hai papel”, de Desafora2, con Ángeles Martín -o 7 de novembro” ou “24 horas na vida dunha muller”, con Silvia Marsó – o 16 de novembro- .

Cartel da exposición Inquietudes

O Museo Municipal inaugura hoxe xoves, 3 de outubro (20:30h) a exposición “Inquietudes” de Fernando Prieto. A mostra, formada por unha colección de 30 obras sobre lenzo do pintor coruñés estará aberta ao público até final de ano nas salas I e II do Museo da rúa Lepanto.

Cartel Samaín 2018

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense reforzará este ano a programación da actividades do Samaín, incorporando como novidade a organización da Noite da Santa Compaña, que servirá de colofón ás actividades do día 31 de outubro. A proposta consiste na realización de distintas procesións que xurdirán desde varios puntos da cidade, percorrerán as rúas coas luces apagadas e finalmente confluirán nunha gran festa que rematará na Praza Maior.

Concurso de carteis

A Concellería de Cultura ten aberto até o día 10 de outubro o prazo de presentación de traballos aos concursos para elixir os carteis anunciadores para as festividades de Samaín - Festa de Todos os Santos, 31 de outubro -, e a dos Magostos – 11 de novembro -. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, excepto as persoas gañadoras da anterior edición no caso de que aceptaren formar parte do xurado. O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 €. 

Foto da presentación do libro

A Concellería de Cultura aposta por impulsar e potenciar os premios literarios de Ourense, e creará un novo certame a partir do próximo ano 2020. Trátase dun premio de relatos, ao que se poderán presentar obras escritas tanto en galego como en castelán. Este novo galardón únese ao Risco de Creación Literaria – que vai xa pola súa edición número 20-, e ao de Poesía Cidade de Ourense, o máis antigo de toda Galicia, que vai pola edición número 35. O concelleiro de Cultura, Mario González, anunciou esta novidade esta mañá no marco da presentación da obra gañadora do Premio de Poesía Cidade de Ourense 2018: Prender os fachos, compoñer os ósos, de Carlos Da Aira.