Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Fotografía da reunión

O Concello de Ourense e Xunta de Galicia avanzan nos preparativos para a próxima entrada en servizo da nova sede da Biblioteca Pública de Ourense no complexo cultural de San Francisco. Os concelleiros de Cultura, Mario González, e Infraestruturas, Miguel Caride, mantiveron esta mañá unha reunión con esta finalidade na sala de xuntas da Alcaldía con Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Cristina Rubal, subdirectora xeral de Bibliotecas, Sandra Quintas, xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense e Rosa Díaz, directora da biblioteca pública de Ourense.

Unha vez rematadas as obras de construción da nova biblioteca, por parte da Administración do Estado, e entregadas estas á Xunta de Galicia, o obxectivo da reunión era coordinar e achegar a máxima colaboración entre as administracións para a entrada en servizo deste novo equipamento cultural, antes de que remate o presente ano. A nova biblioteca formará parte dun complexo cultural no que se atopan tamén o Auditorio, a Escola Municipal de Música e Teatro, e as instalacións da Universidade Popular, e ao que o ano próximo, en torno aos meses de marzo ou abril, engadirase a nova sede do Arquivo Histórico Provincial.

Cartel do concerto

O claustro de San Francisco acollerá o próximo mércores, 25 de setembro, unha nova cita coa música de cámara, co concerto "Essemble Hotteterre no camiño. A gaita de fol no barroco”, ás 20:30 horas, con entrada gratuíta. O concerto do grupo de cámara residente da Fundación Vicente Risco está organizado pola Fundación coa colaboración da Xunta de Galicia, entro da programación do Xacobeo 2021, e o Concello de Ourense, e pretende dar a coñecer as innovacións que no mundo da música de cámara realizou Jacques-M. Hotteterre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, e un dos máximos representantes do uso da gaita da denominada música erudita.

Rolda de prensa de presentación da obra

A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará esta fin de semana no Auditorio a súa nova montaxe: “Crónicas do Paraíso”, con dúas sesións, o sábado 21, ás 21:00h e domingo 22 ás 20:00h. Esta mañá tivo lugar a presentación do espectáculo, na que participaron Mario González, concelleiro de Cultura, Sandra Quintas, xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Ourense, Gonçalo Guerreiro, director do espectáculo e Fernando Dacosta, responsable do texto.

Claustro de San Francisco

O Claustro de San Francisco ven de modificar o horario que tiña en verán, pasando a abrir polas tardes de 17.00 a 20.00 horas. Este cambio vén sendo habitual os últimos anos, para adaptarse ás horas de luz. O Claustro de San Francisco permanece aberto de martes sábados, entre 11.30 horas e 13.30 horas, e entre 17.00 horas e 20.00 horas. Os domingos abre só en horario de mañá, e o luns pecha por descanso.

 

Programa Apego

A programación de teatro para bebés volve esta semana ao Auditorio Municipal, co inicio dunha nova edición do Programa Apego. Catro espectáculos para cativos e cativas de até 3 anos sucederanse para achegar a infancia ás artes escénicas, coma a música ou o teatro. Será unha cita cada mes, sempre con dobre sesión na sala Apego do Auditorio, ás 18.00 e 19.30 horas, gratuíto para bebés e a un prezo de 3 euros para persoas adultas. As entradas pódense adquirir en Ataquilla na sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Expositor da feira do libro

A Avenida de Pontevedra acolle até o día 17 de setembro a Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Ourense, que organiza a Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do Concello.
Participan nesta edición seis librarías de diferentes puntos da xeografía española: ACHUÁN (Madrid), VALDEZATE (Burgos), LORCA LIBROS ( Madrid), KIM (Barcelona), LIBRERÍA BUENDÍA (Murcia), SHORA (Alicante).

Nesta feira, están a disposición de todos os visitantes máis de 40.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e ocasión, así como outros materiais impresos ou manuscritos (cartas postais, documentacións profesionais, revistas, carteis publicitarios, cartas de navegación, gravados, xornais, cómics…) con excelentes oportunidades para bibliófilos, coleccionistas e lectores, que poderán adquirir a prezos moi interesantes. 

A feira está aberta ao público de 10:30 a 14 horas e de 17.00 a 21:30 horas.

Auditorio

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza desta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre e o Concello de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais – AGADIC para a programación de actividades culturais. En virtude deste acordo, o Auditorio Municipal acollerá até final de ano un total de 15 espectáculos de diferentes modalidades escénicas, tanto para persoas adultas como a cativada. O convenio, que ten por obxecto a execución da programación incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios suporá un investimento de 33.347,50 €, dos que o Concello achegará 20.446,17 euros, e a Agadic 12.901,33 euros.

Na mesma sesión, primeira do mes de setembro, a Xunta de Goberno Local tratou un total de 17 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos. Entre eles, a licenza á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia para o proxecto básico e de execución para substituír a cubrición e construír unha marquesiña de paso no CEIP A Inmaculada, por importe de 47.000 euros

 

Foto da rolda de prensa

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Cultura, Mario González, anunciaron esta mañá as novidades máis destacadas que incorporará a programación cultural do Concello de Ourense. O goberno municipal aposta por potenciar a celebración do Samaín, que incorporará unha Noite da Santa Compaña, o San Martiño, que durará 4 días (8, 9, 10 e 11 de novembro) con carpas e actividades na Praza Maior e As Burgas -onde se instalará unha 'Viaxe ao mundo celta'- e un Magosto infantil, ou o Nadal, con escenas de belén a tamaño natural.

O Concello mantén a súa aposta por citas como a MOTI, o Enclave de Cámara, ou Ciclo Lírico, e deixará de apoiar economicamente “iniciativas con custes de produción inflados e escaso retorno”. Seguirá a programar actividades das diferentes modalidades escénicas, mais de forma directa, confiando no traballo do equipo da Concellería de Cultura.

Cartel da convocatoria do premio

O Concello de Ourense e a Fundación Risco convocan a vixésima edición do Premio Risco de Creación Literaria. Un certame dotado cun premio de 6.000 euros máis a publicación da obra gañadora, que lle rende homenaxe a Vicente Martínez Risco e ao seu fillo Antón Martínez-Risco Fernández.

Museo Municipal

O artista ourensán Zeta e a malagueña Ángeles Sioli amosan as súas últimas creacións no Museo Municipal. O espazo expositivo da rúa Lepanto acolle na súa salas I e I a exposición “Obra matérica”, de Zeta, e a sala III “En voz alta, de Sioli. As dúas poderanse visitar até o día 8 de setembro.