As competicións comezarán pola mañá, desde as 10:00 horas, coas modalidades de formas en todas as súas especialidades (Changquan, Nanquan, Taichí, Qigong, armas curtas, armas longas) competindo en todas as categorías de idade (pre infantil, infantil, cadete, juvenil, absoluto e veteranos), e antes da entrega dos premios haberá senllas exhibicións grupais de kung fu infantil e taichí.
Xa en horario vespertino, disputaranse un total de 36 combates nas catro especialidades (Shuaijiao, Qingda, Kungfu Combat e Sanda), nos que se darán cita diversos campións nacionais.