Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Haberá sete clubs neste campionato, segundo recordaba Luz Mª. Abadín: “Ademais do Sincro Ourense, estarán os clubs Sincro Ferrol, Sincro Pontevedra, Porta Miñá de Lugo, Galacio Sincro de Pontevedra, Sincro Rías Baixas e Real Club Náutico de Vigo”. En canto ás categorías, haberá desde Alevín (9 anos) ata Sénior (+18), e as modalidades de competición serán Solo Libre, Solo Técnico, Dúo Libre, Dúo Técnico, Rutina de Equipo Libre, Rutina de Equipo Técnico.

A competición será a antesala do Campionato de España Alevín e Junior que se celebrará en Ourense no mes de xullo, e para o que se irán preparando as rutinas que se estreen en Ourense. En total, segundo a técnica Elvira Alonso, serán 82 as rutinas que se desenvolvan na fin de semana (17 delas a cargo das ourensás).

Na presentación estiveron, ademais do concelleiro de Deportes, Mario Guede, e do alcalde de Ourense. Jesús Vázquez, as responsables do club Sincro Ourense (as directivas Luz Mª. Abadín e Elisa López, así como a técnica e Elvira Alonso), e os responsables de Deportes da Deputación, Bernardino González, e da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.