Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Torneo Nacional Ourense Oupen 2018, previsto na programación das Festas de Ourense e cancelado polas condicións meteorolóxicas adversas, desenvolverase finalmente entre o 10 e o 14 de xullo nas pistas do Club Santo Domingo. Trátase dun campionato homologado pola Federación Española de Tenis e, polo tanto, puntuable para o ránking nacional.

Actualmente, hai unha vintena de tenistas inscritos, “os mellores xogadores galegos do momento e outros de fóra de Galicia”, segundo a organización. Os partidos xogaranse a partir do martes 10 de xullo pola tarde, a partir das 18:30 horas, con entrada libre e gratuíta ao torneo.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a final disputarase o sábado 14 ás 18:30 h.