Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

 

“Somos libres para correr e debemos reivindicar precisamente a nosa liberdade, o noso dereito a correr, como a nosa liberdade para vivir en plenitude, e exercer os nosos dereitos, a vivir en equidade, sen ningún tipo de discriminación por motivos de xénero ou condición”, aseguraba Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, na presentación da proba. “Saír a correr, ben por afección ao deporte ou ben como unha oportunidade de expresar o compromiso de cantas persoas viven nunha cidade que cre na igualdade e que quere seguir avanzando na corrección das desigualdades”, dixo.

O nome da carreira recolle o nome acuñado polo grupo de corredoras do club BOX001 – RunManiak no acto público de repulsa polo asasinato de Laura Luelmo, e que congregou de xeito espontáneo a centos de corredoras e corredores da cidade reclamando non ter medo á hora de facer deporte. É, polo tanto, unha convocatoria aberta para todas as persoas ás que lles apaixona correr e facer deporte nos nosos espazos naturais.

O percorrido, que “convida á participación”, en palabras do rexedor, percorrerá o centro da cidade polas seguintes rúas: Avda. Pontevedra, Desengano, Praza de Abastos, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pardo de Cela, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pura e Dora, Carriarico, Burgas, Bailén Colón, 2 de maio, Xullo Prieto Nespereira, Praza de San Cósmede, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, Fornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Bedoya, Paseo, Lamas Carvajal e chegada á Praza Maior onde estará tamén a zona de avituallamentos.

As inscricións están dispoñibles Championchipnorte

Na rolda de prensa estiveron presentes, ademais do alcalde de Ourense, a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, o de Deportes, Mario Guede, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, responsables do club organizador Box001 – Runmaniak, Lalo Arce Amor e José Manuel Regueiro Bolaño, e os representantes de Caixabank, Pablo Casas, e Nissan Roferourense, Alberto Barreiros.