Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Concello de Ourense iniciará un expediente de honra a Fernando Bouso, que finou o pasado 9 de marzo. Por iste motivo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, mantivo un encontro no Consello Municipal de Deportes con entidades deportivas que tiveron contacto profesional con el, para explicarlles este propósito do Goberno Municipal. Así, este recoñecemento suporía tamén que o Pavillón de Os Remedios pase a levar o nome de Fernando Bouso.

“Fernando Bouso xa tería pasado á Historia do Deporte só coa súa faceta de adestrador do mítico C.D. Ourense dos 30 partidos, 30 victorias (un fito mundial aínda non superado por ningún clube). Máis desde a súa faceta xestora, á fronte do Pavillón de Os Remedios, sementou o deporte base da nosa cidade, creando as escolas deportivas de atletismo, halterofilia, natación, ximnasia, fútbol, hockei... A súa grandísima pegada nesta cidade foi ter achegado e incorporado a tanta xente ao Deporte, facendo cidade dun xeito revolucionario e perpetuo. Por iso é digno dos maiores recoñecementos”, explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.

Todos os representantes das entidades deportivas consideraron axeitado que a cidade lle rinda unha homenaxe póstuma e perpetua a quen foi o gran impulsor do deporte de base na cidade de Ourense.