Obxecto
É obxecto da presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatorias de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada ou anualidade de convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases.
Non se considerarán participacións individuais: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis de un integrante do mesmo equipo.
Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 92 do 24/04/2015.
Beneficiarios
Poderán beneficiarse das bolsas previstas nesta convocatoria os deportistas individuais que reúnan os seguintes requirimentos:
- Estar inscrito no Padrón municipal do Concello de Ourense.
- Dispoñer de licenza en vigor por algunha Federación Deportiva Galega, con un ano, como mínimo, de antigüidade. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.
- Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
- Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Manter os anteriores requirimentos canto menos ata a data da xustificación da bolsa.
- Para ser beneficiario das Bolsas de cualificación, o deportista debe presentar resultados avaliables en probas de nivel estatal ou superior e unha traxectoria deportiva mínima de 5 anos, sen contar o ano obxecto da presente convocatoria
Tipos de axuda
As axudas serán de tres tipos e contías máximas:
De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos (incluídos), cuxa contía máxima será de 1.200 euros.
De cualificación: destinadas a deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cuxa contía máxima será de 1.400 euros.
A nivel individual poderanse adxudicar bolsas de diferente contía en atención á proporcionalidade dos méritos avaliados, sen que se poidan superar as contías máximas do apartado anterior.
Prazos
As solicitudes presentaranse, no prazo de dous (2) meses a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro do Consello Municipal de Deportes, Avda. Pardo de Cela núm. 2 en impreso normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do CMD.
Publicación de Convocatoria 2016 en BOP nº135 de 13/06/2016
Anexos
Convocatoria de bolsas a deportistas individuais
Bases reguladoras das bolsas a deportistas individuais
Impreso de solicitude de bolsas a deportistas individuais
Máis información
http://www.deportesourense.com/bolsas/bases-reguladoras-e-bolsas/