Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Ourense albergará os Campionatos Galegos de Kickboxing nas súas dúas modalidades: Tatami Sports, con contacto, e Ring Sports, sen contacto. Organizados pola Federación Galega de Kickboxing, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes e da Deputación Provincial, terán lugar o sábado 15 -Tatami Sports-, no Polideportivo de Oira, e a fin de semana do 22 e 23 de febreiro -Ring Sports- no Pazo dos Deportes Paco Paz. Ambos eventos, con entrada de balde, serán a plataforma para optar ao Campionato de España 2020, que se celebrará en Córdoba do 2 ao 5 de xullo.

Para este sábado 15 están previstas as probas de Full Contact, Low Kick e K1 rules, na que participarán 48 competidores e competidoras de 17 clubs galegos con categorías masculinas e femininas entre os 17 e os 40 anos. A provincia de Ourense achegará 5 deportistas pertencentes a 4 clubs deportivos, entre eles Rúben Batán, campión galego 2017, 2018 e 2019, e campión de España 2019, e Patricia Da Silva, campioa galega en 2017.

A fin de semana seguinte (22 e 23 de febreiro, no Pazo dos Deportes Paco Paz) celebraranse as probas de contacto lixeiro -Light Contact, Point Fighting e Kick Light-, unha modalidade sen contacto na que se valoran máis os fundamentos técnicos. Participarán 258 competidores e competidoras de 37 clubs deportivos de Galicia, 11 de Ourense -con 47 deportistas-. A competición desenvolverase en categorías masculinas e femininas con idades comprendidas entre os 8 e os 45 anos.