Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

As instalacións do spa do Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabriranse despois de Semana Santa como espazo dedicado a clases e actividades asistidas de natación. O alcalde de Ourense e presidente do Consello Municipal de Deportes, Gonzalo Pérez Jácome, comunicóullelo esta mañá aos integrantes do Consello Reitor no transcurso da xuntanza que este órgano mantivo este mediodía no salón de Plenos.

O spa considérase un espazo óptimo para clases e actividades asistidas de natación, ao que acudirán diferentes colectivos que precisan clases destas características.

Por outra banda, a Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello que a sauna non poder estar operativa mentres dure a pandemia da COVID-19, xa que esta instalación non se axusta á normativa, por carecer de ventilación. En consecuencia, a sauna non se abrirá até que non reciba a autorización da Xunta.

O alcalde informou tamén de que os cursos de iniciación á natación reiniciaranse a principios do próximo mes de maio.