Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos a membros da Escola Municipal de Piragüismo de Ourense. Consigo traían a Copa de Campións de España de clubs na categoría Master Maratón de veteranos que se disputou recentemente en Pontevedra.

O representante da Escola, José Luís Fernández Bermejo, busca o apoio para mellorar as súas instalacións, unha concesión municipal, e que se van quedando pequenas debido ao crecemento de deportistas na escola, especialmente entre os máis pequenos. Agora mesmo, estas instalación representan “unha limitación” para o normal desenvolvemento da práctica deste deporte.

Este club compite xa en todas as categorías, e recentemente tamén colleitaron éxitos a nivel galego con deportistas benxamíns e cadetes. O feito de contar cada vez con máis nenos e nenos leva consigo que “comece a haber resultados, malia que leven pouco tempo traballando”. A maioría dos rapaces “levan tan só un ano adestrando, arredor de 25, e outros cinco ou seis, levan dous anos e xa conseguiron algunha cousiña”, dixo José Luís Fdez. Bermejo.

Os representantes da Escola solicitan ao goberno municipal que vaian a visitar as instalacións, para coñecer de primeira man a súa situación na que se atopan. Pola súa parte, tanto o alcalde, Pérez Jácome, como o asesor de deportes do Concello, Aníbal Pereira, manifestaron a súa intención de facerlles unha pronta visita.

Aníbal Pereira considera o piragüismo “un deporte con puxanza na cidade, amais de ser un deporte moi vistoso”. Para o goberno municipal “todo o que faga referencia a que haxa nenos e nenas practicando deporte aquí é a nosa obriga dar facilidades para que sigan facendo cousas”.