Deportes
Áreas
O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do vindeiro luns, 1 de marzo, adaptando o seu aforo ao 30% que autoriza a nova normativa sanitaria,
O campo de hóckey de Mariñamansa será a sede da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14, tanto masculino como feminino, que terá lugar do 26 ao 28 de febreiro.
O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense aprobou esta semana, na súa xuntanza telemática, a convocatoria e as bases para a concesión de bolsas a deportistas individuais. O CMD destinará unha partida de 20.000 euros dos seus orzamentos a esta convocatoria, que pretende contribuír á mellora e ao perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas, dándolle cobertura a parte dos gastos derivados da súa actividade.
O pavillón municipal de deportes dos Remedios reabrirá as súas portas logo das obras de remodelación iniciadas no mes de de novembro e financiadas pola Xunta de Galicia cun importe de 1,9 millón de euros.
O Pavillón dos Remedios atrasa unha semana a súa reapertura -inicialmente prevista para mañá mércores, 13 de xaneiro-, xa que a Xunta, promotora das obras de remodelación integral, non pode certificar a recepción prevista.
O Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o mércores, día 20 de xaneiro, unha vez rematadas as obras de remodelación integral deste equipamento municipal que se desenvolveron durante os últimos meses, por importe de 1,9 millón de euros.
A cidade prepárase para despedir o ano correndo, pero con control. A quinta edición da Carreira Popular San Silvestre, que se celebrará o vindeiro xoves 31 organizada polo Concello de Ourense coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e do Club Deportivo Aurum, limita a participación a 300 persoas, por rigorosa orde de inscrición, e celebrarase baixo as medidas que establece o protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Oito empresas optan a executar as obras de remodelación do campo municipal de hóckey de Mariñamansa. A mesa de contratación do concurso convocado polo Consello Municipal de Deportes (CMD) para adxudicar os traballos celebrou este mediodía unha xuntanza na que abriu as proposicións das 8 empresas que optan a realizar os traballos.
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha San Martiño Virtual, coa que convida aos amantes do deporte a que contribúan a manter vivo o legado da carreira popular ourensá, a máis lonxeva de Galicia, neste ano 2020, no que a carreira non se poderá levar a cabo a causa da pandemia da COVID. A actividade recabará fondos para dous proxectos solidarios de Cruz Vermella e Cáritas.
O Concello de Ourense retransmitirá, esta fin de semana, os encontros de fútbol sala e hóckey masculinos que disputan os equipos máis representativos da cidade nestas modalidades.
Os partidos emitiranse en directo a través da Canle de Vídeos Municipal -acceso a través de www.ourense.gal ou deste enlace directo- e poderán visualizarse tamén en diferido.