Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Concello de Ourense abre o período de información pública do expediente de honra a favor de Fernando Bouso Caíña, aprobado por acordo do Pleno celebrado o día 3 de maio. Durante o mes de xuño, as persoas e as entidades que o desexen poderán comparecer no expediente e achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos, efectuar propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos, de conformidade co sinalado no artigo 22 do Regulamento de honra e distincións do Concello de Ourense.

As propostas poderán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral do CMD ou nas oficinas do Pavillón dos Remedios (9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), e polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.