Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

A mellor medicina contra o estrés e a ansiedade. Do 1 ao 19 de xullo, volve Tai Chi na rúa, unha actividade gratuíta que organiza a Escola de artes chinesas Dinamic coa colaboración do Consello Municipal de Deportes. De luns a venres, de 8 a 9 horas no Xardín do Posío. Xa son 35 edicións nas que este certame clásico do verán na cidade ven fomentar a práctica desta arte marcial chinesa. Unha modalidade sa e saudable, apta para todas as idades, que seguen millóns de persoas en todo o mundo.