Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, acompañado do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, supervisou esta mañá as obras do campo de fútbol de Vilar de Astrés, que consisten na instalación de céspede artificial, acondicionamento de vestiarios e construción dunha grada cuberta de catro andares, ademais da humanización da parcela onde se empraza o campo. 

As obras están financiadas integramente con orzamentos do Consello Municipal de Deportes por un importe de 455.463,36 euros, cunha garantía do equipamento de catro anos.

Actualmente evolucionan a bo ritmo grazas ás condicións meteorolóxicas favorables, e prevese que rematen no mes de marzo, en opinión dos técnicos encargados da súa execución: Miguel Porras, director de obra, e Martín Rejo, xefe de obra da adxudicataria, Extraco.

Antes da recepción da obra, un laboratorio externo probará que as condicións do terreo de xogo cumpren os máximos requirimentos de homologación marcados pola FIFA.