Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense convoca as subvencións en materia deportiva para o actual ano 2020, dirixidas a federacións deportivas e a clubs ou entidades deportivas do municipio inscritas no rexistro de asociacións deportivas municipais. O extracto da convocatoria pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, 13 de maio de 2020 e nesta páxina web.

A convocatoria conta con dúas liñas. A Liña 1 está destinada á organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020. A Liña 2 está dirixida a gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2019-2020.

As bases reguladoras publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 05.04.2019 e estarán á disposición das persoas interesadas na páxina web do Consello Municipal de Deportes de Ourense e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

A Liña 1 conta cun orzamento de 100.000 euros e a Liña 2 con 600.000 euros.

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse ao presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática conforme aos modelos ou anexos recollidos nas bases reguladoras a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes. Para a Liña 1 o prazo é desde mañá, xoves, 14 de maio, ata o 31 de outubro. Para a Liña 2 son 60 días naturais desde mañá.

DOCUMENTACIÓN