Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

A Policía Local informa das restricións de estacionamento e circulación pola chegada de laVuelta a Ourense. Con motivo da chegada de laVuelta ciclista a España a Ourense, a partir de mañá, sábado 31, comezarase a reservar o espazo público solicitado pola organización do evento, ao que xa non se poderá acceder desde as 20:00 horas do luns 2 de novembro. Esta reserva afectará ás seguintes rúas:

  • Rúa Francisco Añón Paz
  • Rúa Bispo Lourenzo
  • Praza Alfonso Alcaraz
  • Rúa Poeta Manuel Antonio

Ademais, a partir das 16:00 horas do luns 2 de novembro iniciarase a reserva de espazo e retirada de vehículos nas seguintes rúas: :

  • Estrada de Reza (tramo comprendido entre a glorieta de Ervedelo e Avda. Vista Hermosa)
  • Rúa Francisco LLoréns
  • Avda. Vista Hermosa
  • N-120, saída Centro Comercial
  • Carril de acceso ao Pavillón dos Remedios pola N-120

O mércores 4 de novembro, día da chegada da etapa 14 de laVuelta procedente de Lugo, procederase a cortar as seguintes rúas:

Desde as 7:30 horas:

  • Avda. Vista Hermosa
  • Rúa do Bispo Lourenzo

Desde as 15:00 horas:

  • N-120 dirección Monforte desde acceso Pardo de Cela ate o final do termo municipal
  • Rúa Pardo de Cela desde Glorieta de Concepción Arenal até a N-120
  • Rúa Greco tramo entre as rúa Francisco Lloréns e Remedios
  • Rúa Francisco Lloréns desde rúa Greco até Ponte Lebrona
  • Rúa Mateo de Prado
  • Estrada de Reza desde Glorieta de Ervedelo até Avda. Vista Hermosa
  • Estrada de Subida a Nom de Deu
  • Rúa Pablo Iglesias, acceso N-120
  • C-546 (estrada de Velle) acceso a N-120
  • N-525 tramo desde Glorieta Ervedelo a rúa Basilio Alvarez
  • N-120 desde rúa Basilio Alvarez até Eirasvedras
  • Rúa Sampaio acceso a N-120
  • Cemiterio As Caldas, acceso a N-120
  • Rúa Basilio Álvarez entre Victoria Kent e N-525
  • Rúa Xesús Pousa dirección Basilio Álvarez
  • Rúa Eulogio Gómez Franqueira acceso a N-120

laVuelta, desde casa

Desde o Concello de Ourense e desde a organización da carreira recoméndase que o público non acceda aos tramos polos que pasará a competición para evitar aglomeracións de xente. É importante cumprir con todas as medidas para evitar a expansión da COVID19 e seguir o desenvolvemento da carreira desde a televisión.