Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, agradece a colaboración da veciñanza de Ourense e de todos os profesionais que fixeron posible que a chegada de La Vuelta Ciclista a Ourense fose un éxito, que proxectou a cidade ante centos de miles de espectadores a través dos medios de comunicación.

O alcalde agradece expresamente o excelente comportamento cívico dos aficionados que seguiron a proba nunha ocasión especialmente complexa, dada a situación sanitaria ocasionada pola pandemia da COVID-19, e as restricións impostas que condicionaban o desfrute do espectáculo.

Pérez Jácome quere subliñar o sensacional labor realizado polos dispositivos despregados pola Policía Local e Protección Civil para velar polo bo desenvolvemento da carreira ao seu paso pola cidade. Tamén ás empresas concesionarias de servizos municipais, como limpeza, autobuses, ORA... os equipos do Consello Municipal de Deportes e as concellerías de Infraestruturas e Medio Ambiente, que se involucraron na proba coidando dos diferentes aspectos organizativos que nas súas áreas requirían. Fundamental, tamén, foi a colaboración do Seminario.

O Concello recibiu a felicitación e o agradecemento polos organizadores polo bo desenvolvemento da carreira, cuxo percorrido proporcionou un espectacular paso pola cidade e unha esixente e competida chegada ao Seminario.

O rexedor celebra que a chegada a Ourense de La Vuelta Ciclista a España contribuíse á promoción de Ourense, presentando a cidade ante centos de miles de espectadores da proba.

De feito, 1,3 millóns de espectadores seguiron a retransmisión da chegada á meta de Ourense a través de La 1 de TVE, aos que se engaden os que a seguiron a través de canles coma Teledeporte (máis de 300.000) ou Eurosport, entre outros, nun certame que ten tamén unha notable proxección internacional, xa que é seguido en 190 países.