Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Concello de Ourense iniciou esta fin de semana as retransmisións de partidos dos equipos da cidade a través da canle municipal en Youtube. A primeira das citas foi o partido que Fútbol Sala Ourense e O Esteo F.S. desputaron onte a porta pechada no Pazo dos Deportes Paco Paz.

As imaxes do partido chegaron a través da canle do Concello de Ourense en Youtube aos seareiros que non podían asistir en persoa ao partido polas restricións sanitarias impostas pola pandemia da COVID-19. A retransmisión contou coa participación como comentaristas de Gonzalo Iglesias “Morenín”, adestrador do Ourense Envialia F.S.F. e Oscar Vivián, adestrador nacional, ex xogador profesional. As visualizacións ascendían a 1.568 a primeira hora da mañá de hoxe, luns, apenas un día despois de que se xogara o partido. O emocionante e disputado encontro, correspondente á terceira xornada da Segunda División B, rematou cun axustado marcador de 4-5.

As imaxes, no enderezo Ourense - O Esteo quedan á disposición dos seareiros e dos medios de comunicación que desexen utilizalas.

O Concello de Ourense seguirá ofrecendo a través de Youtube máis partidos dos equipos deportivos da cidade mentres duren as restricións impostas pola situación de pandemia, de modo que o público poida gozar dun espectáculo que agora mesmo se atopa restrinxido.