Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Oito empresas optan a executar as obras de remodelación do campo municipal de hóckey de Mariñamansa. A mesa de contratación do concurso convocado polo Consello Municipal de Deportes (CMD) para adxudicar os traballos celebrou este mediodía unha xuntanza na que abriu as proposicións das 8 empresas que optan a realizar os traballos.As ofertas serán estudadas agora e avaliadas para realizar unha ordenación decrecente e adxudicar a execución das obras. A xuntanza estivo presidida polo alcalde de Ourense, e máximo responsable do consello municipal, Gonzalo Pérez Jácome.

O proxecto prevé a substitución de céspede e a realización de obras complementarias, cun orzamento total de 473.226,70 euros e 3 meses de prazo de execución.

As obras son necesarias xa que a superficie da instalación municipal superou a súa vida útil, e o desgaste do pavimento xera problemas de agarre para os deportistas de todas as idades. A maiores do risco para as persoas, o CMD valora o elevado custo dos continuos labores de mantemento. Polo tanto, instalarase un céspede artificial de última xeración que conta co certificado da FIH Global Category, o que permitiría a celebración de partidos internacionais

O proxecto implica a instalación dun céspede monofilamento texturizado, a substitución das porterías, unha nova instalación de rego, proxectores led, bancos a pé de campo, sistema de videogravación e alarma en toda as instalacións. Ademais, reformarase a cuberta, xa que en períodos chuviosos filtra auga ao interior das instalacións, xunto coa protección dos lucernarios.