Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do vindeiro luns, 1 de marzo, adaptando o seu aforo ao 30% que autoriza a nova normativa sanitaria, recollida na orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. A porcentaxe máxima do 30% será de aplicación tanto para o interior da instalación como para cada un dos espazos deportivos

O complexo municipal reabrirá no seu horario habitual. Non será preciso sacar cita previa, salvo nas actividades dirixidas, pero o aforo estará limitado segundo indiquen as normas sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia que, nestes momentos, é do 30%, tanto no interior da instalación como en cada un dos espazos deportivos.
A piscina de 50 metros Rosario Dueñas estará reservada de 17:00 a 20:00 horas, para uso exclusivo das entidades deportivas. As actividades dirixidas comezarán o día 08 de marzo de 2021.

Os usuarios que queiran facer uso das instalacións terán que activar as súas tarxetas a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes.

DOCUMENTACIÓN