Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

A obra fora posposta a inicios do ano para poder permitir o normal desenvolvemento das competicións deportivas.

Mariñamansa terá cun campo de herba de última xeración. A contratación da "Execución da substitución de céspede e obras complementarias no campo de hóckey herba de Mariñamansa" é unha intervención que contará cun orzamento de 473.226,70 euros e 3 meses de prazo de execución.

O proxecto implica a instalación dun céspede monofilamento texturizado, a substitución das porterías, unha nova instalación de rego, proxectores led, bancos a pé de campo, sistema de videogravación e alarma en toda as instalacións. Ademais, reformarase a cuberta, xa que en períodos chuviosos filtra auga ao interior das instalacións, xunto coa protección dos lucernarios.