Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Actividades deportivas das Festas

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade.

En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol sala, baloncesto, ximnasia deportiva, natación, piragüismo ou escalada.

O CMD busca, como fin de tempada e coincidindo coa semana grande de festas, poñer de manifesto a grande vitalidade da que goza o deporte na nosa cidade. Estes actos, promovidos ben de xeito directo, ben a través do tecido asociativo, procuran reforzar na nosa cidade a oferta deportiva que enche as nosas instalacións e rúas durante todo o ano.

Son máis de trinta eventos dirixidos a que os seguidores do deporte e calquera persoa goce movéndose como outro xeito de festexar a semana grande de festas, e perseguen o obxectivo de que o deporte e a actividade física sexan fontes de saúde e parte indispensable na vida dos nosos veciños.

Á presentación deste programa hai que lle engadir a apertura das piscinas de Oira e dos Remedios e unha serie de melloras nas instalacións deportivas municipais.

Piscina de Oira

Achégase o verán e, malia as condicións meteorolóxicas adversas destes días, o Concello de Ourense -a través do Consello Municipal de Deportes- abre ao público as piscinas municipais ao aire libre. Equipamentos de lecer ideais para combater as altas temperaturas do verán con 1.500 m2 de lámina de auga -con tres vasos descubertos, un deles de tipo recreativo, o vaso grande de Oira e o exterior dos Remedios, e un de chapoteo, en Oira, para os cativos- e unha superficie axardinada de case 6.500 metros cadrados ao redor. Para acondicionar todos estes espazos, o persoal do Consello Municipal de Deportes realizou diferentes actuacións para prestare o mellor servizo.

Cancha central dos Remedios

O Concello de Ourense abre o período de información pública do expediente de honra a favor de Fernando Bouso Caíña, aprobado por acordo do Pleno celebrado o día 3 de maio. Durante o mes de xuño, as persoas e as entidades que o desexen poderán comparecer no expediente e achegar a documentación xustificativa dos méritos que estimen oportunos, efectuar propostas ou informacións que procedan para a xustificación dos merecementos, de conformidade co sinalado no artigo 22 do Regulamento de honra e distincións do Concello de Ourense.

Infografía da reforma do pavillón

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou hoxe, polo trámite de urxencia, a sinatura dun Convenio de Cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a reforma do Pavillón dos Remedios. “Unha infraestrutura de referencia na cidade e en toda Galicia que o vindeiro 1 de xuño cumprirá medio século de vida”, lembraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Así, a Xunta de Galicia achegará un total de 1.987.479,59 euros, IVE incluído, con cargo as anualidades 2019 e 2020, e que se repartirán do seguinte xeito: 500.000 euros en 2019, e 1.487.479,59 euros en 2020.

Homenaxe a Bouso

O Concello de Ourense iniciará un expediente de honra a Fernando Bouso, que finou o pasado 9 de marzo. Por iste motivo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, mantivo un encontro no Consello Municipal de Deportes con entidades deportivas que tiveron contacto profesional con el, para explicarlles este propósito do Goberno Municipal. Así, este recoñecemento suporía tamén que o Pavillón de Os Remedios pase a levar o nome de Fernando Bouso.

Correndo por Ourense 2019

O Consello Municipal de Deportes abriu o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que acada a súa novena edición cun calendario de seis probas que comezan no mes de maio, coas citas do Vinteún (día 5) e do Couto (día 25). Para anotarse só hai que seguir as instrucións do espazo web Deportes Ourense até o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Ten un custe de 7€ (para as 6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, sénior e máster. Para as demais categorías será gratuíta.

“Ourense é unha cidade de carreiras. Pero o circuíto Correndo por Ourense é unha proba especial porque converte aos barrios en protagonistas, e nos invita a gozar do deporte descubrindo a nosa contorna”, sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O rexedor convida a cidadanía “a participar e correr por Ourense, porque é unha fantástica cita coa saúde e para o lecer en familia”.

A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, as persoas inscritas nalgunha carreira do Circuíto quedan automaticamente inscritas para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal ben visible no peito. A recollida presencial dos chips e dorsais na primeira das probas realizarase o sábado 4 de maio de 2019 no Pavillón dos Remedios de 10:00 a 20:00 horas.

As rúas da cidade acollerán, o vindeiro 10 de marzo, a carreira popular 'Soy libre para correr”, un evento para fomentar o deporte inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero no deporte, e sobre todo para reivindicar confianza e seguridade no uso dos espazos públicos. A carreira, con saída -ás 11:00 horas- e chegada á Praza Maior, está organizada polo club BOX001 – RunManiak co apoio do Concello de Ourense, Nissan Roferourense e Caixabank.

Cartaz San Martiño 2018

A carreira pedestre popular San Martiño 2018 bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para aquelas persoas que desexen participar na próxima edición que terá lugar o día 18 de novembro.

Proxecto do parque de patinaxe

O Concello de Ourense entregou á Xunta de Galicia o seu proxecto para un novo parque de patinaxe na cidade, que se vai materializar a través da súa inclusión na segunda fase do plan de posta en valor da Ponte Vella, que está a realizar a Consellería de Infraestruturas. Trátase dunha nova instalación para a práctica de deportes de patinaxe, patíns en liña, scooter e BMX, que ocupará unha superficie de 800 metros cadrados no parque urbano entre a Avenida da Ribeira Sacra e a rúa Bispo Lourenzo, fronte ao Centro de Saúde do Couto.

Presentación autoridades

Do 16 ao 27 de xullo, de luns a venres, entre as 8:00 e 9:00 horas.

Asistencia libre e de balde, sen límite de idade ou condición física.

Colabora o Consello Municipal de Deportes.