O Concello de Ourense, ao amparo da Lei constitúe, como Organismo Autónomo, o Consello Municipal de Deportes, dotado de personalidade xurídica propia, plena capacidade xurídica e de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial.
O Consello Municipal de Deportes (CMD) queda adscrito á Concellaría de Deportes do Concello de Ourense.
Organismo Autónomo que ten por Obxecto social (artigo 3 dos Estatutos do CMD):
- A promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deportes base no Concello de Ourense
- A planificación e creación de novas instalacións deportivas
- A conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións deportivo recreativas de propiedade municipal
- A xestión do posible uso doutras instalacións públicas ou privadas para o cumprimento dos fins do Consello Municipal de Deportes.
- Organizar e, no seu caso, autorizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
- Calquera outra que lle sexa atribuída ou delegada de conformidade co ordenamento xurídico
En interese da transparencia municipal, pónse á disposición da cidadanía os seguintes datos relativos ao Consello Municipal de Deportes:
- Orzamento 2014 (pdf)
- A liquidación real do Orzamento do Consello Municipal de Deportes en 2018 es de 3.842.545,46€
- Estatutos do Consello Municipal de Deportes (pdf)
- Relación de postos de traballo do Consello Municipal de Deportes (pdf)
- Retribucións percibidas polo xerente do Consello Municipal de Deportes (pdf)