Piscinas exteriores de Oira
O sábado día 11 de xuño abríronse as piscinas exteriores de Oira. O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas. O acceso a estas instalacións é libre e gratuito.
Piscina exterior do Complexo Deportivo Os Remedios
Para acceder a estas instalacións, ó igual que o resto da instalación, hai que estar en posesión dun abono de acceso.
O horario de apertura, ó igual que os vasos de Oira será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a sábado. Os domingos, abrirá de 11:00 a 14:00 horas, salvo nos meses de xullo e agosto.