Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense volve esta fin de semana coa primeira das dúas citas que propón para o mes de setembro. Será coa carreira que o domingo, pola mañá percorrerá a zona universitaria. Nela poderán participar 1.152 atletas que se inscribiron este ano na popular proba deportiva, que chega xa a súa novena edición. O prazo de inscrición para esta carreira e as seguintes do circuíto está está aberto até o mércores, 4, a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes de Ourense e Championchipnorte Volverase abrir o luns, 9 para as 2 últimas citas: A Ponte (29 de setembro) e A Carballeira (20 de outubro) O custe de participar noo circuíto é 7 euros (só pagan persoas adultas). Unha parte da inscrición irá destinada a axudar a unha entidade social.

A carreira do domingo terá a súa saída ás 11,00 horas na categoría Pitufos; ás 11:05 para Benxamín e Alevín, ás 11,15en Infantil e Cadete e ás 11,30 para as restantes: Xuvenil, Júnior, Promesa, Sénior e Máster. Neste caso, constará dunha ruta de 6,4 quilómetros, dando 2 voltas a un circuíto que sairá da pista de atletismo e percorrerá o Campus universitario, as rúas Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro, para volver ao Campus universitario (norte) e acabar na Pista de atletismo.

O circuíto de carreiras populares está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca.