Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Concello de Ourense destinará un investimento de medio millón de euros á mellora das instalacións do campo de fútbol de Velle. Así llo anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ao presidente do Club Deportivo Velle, nunha visita ás instalacións, nas que tomou coñecemento das carencias que presenta o campo actual coa finalidade de buscarlles solución e poñer en valor este equipamento deportivo.

O investimento realizarase en 2 fases. A primeira consistirá na reforma dos vestiarios e da fontanería, para que o Concello destinará unha achega económica de 160.000 euros. Na actualidade, estase a tramitar a modificación de crédito que permitirá realizar este investimento, coa previsión de licitar as obras no presente ano 2020.

O segundo investimento consistirá na reforma da iluminación e a instalación de novas gradas, de estrutura lixeira, que se emprazarán na zona contraria á que se atopan as gradas físicas actuais, que teñen un emprazamento pouco axeitado, nunha zona onda dá o sol con intensidade. As novas gradas na zona contraria, permitirán mellorar as condicións de desfrute do espectáculo por parte do público, xa que disporán de sombra. Este proxecto suporá un investimento de 340.000 euros, que se levará a cabo o próximo ano 2021.