Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O campo de fútbol de Vilar de Astrés xa posúe a certificación 'Fifa Quality PRO'. O Instituto Biomecánico de Valencia certificou os ensaios que permitiron que o novo campo de fútbol de Vilar de Astrés, executado polo Consello Municipal de Deportes, obtivese o certificado FIFA Quality Pro. Un certificado esixido nos pregos e que garante a calidade e a funcionalidade da superficie do terreo de xogo. Cun investimento de medio millón de euros, “este campo pon a nosa cidade na vangarda dos terreos de xogo para fútbol de última xeración”, afirma Mario Guede, concelleiro de Deportes.

Con este, xa son tres os campos de fútbol da nosa cidade -xunto aos de Oira e o 'Miguel Ángel', dos Remedios- que posúen esta certificación Fifa, por riba de outras cidades como Lugo ou Vigo, que só teñen un campo con esta certificación, ou A Coruña, que non posúe ningún.

Guede Fernández afirma que dentro do plan de mellora de instalacións, o Consello Municipal de Deportes buscou actualizar as distintas canchas, terreos de xogo, equipamentos e instalacións para que garantan o mellor resultado deportivo e de seguridade. Así, renováronse a cancha do Anexo, o polideportivo do Campo da Feira ou campos coma os de volei praia, en Oira, ou o de hoquei liña, na Carballeira, a maiores da profunda renovación que está a levar a cabo a Xunta de Galicia nas instalacións do Pavillón dos Remedios.

Dentro das instalacións dos Remedios, un dos espazos estrela será a sala de musculación, que terá unha nova dotación de “máquinas de cardio e tonificación” grazas a un sistema de contratación mediante renting, que se adxudica nestes días.