Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Taichi, arte milenaria chinesa, celebra a súa trixésimo sexta edición no Xardín do Posío, do 6 ao 24 de xullo, de luns a venres en horario de 08:00 a 09:00 horas, con asistencia libre e de balde, sen límite de idade ou condición física, pero preservando as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias: manter a distancia física e usar máscara de protección.

A actividade, que conta co apoio da Concellería de Deporte, aposta por dinamizar os hábitos de vida saudables, pero tamén estimular as relacións entre persoas de diferente idade, cultura ou educación. O Taichi está indicado para todas as idades, xa que adapta a súa intensidade a calquera idade e condición física, pero é especialmente recomendable para as persoas novas: “Ao tratar aspectos posturais evítanse doenzas posteriores”, recomenda o mestre internacional José Gago.
Entre os beneficios desta disciplina, están os de relaxar mente e corpo eliminando tensións musculares ao tempo que fortalece, tonifica e conecta as cadeas musculares de todo o corpo. A través de diferentes técnicas de respiración e dun adestramento funcional, produce ademais unha mellora notable da postura corporal.

O Taichi está especialmente indicado para eliminar o estrés, tonificar os músculos do corpo, mellorar a capacidade funcional dos órganos, diminuir o risco de enfermidades cardiovasculares, fortalecer e equilibrar as zonas lumbares e abdominais, ou aumentar a densidade ósea para previr a osteoporose.

Os mestres de Taichi José e Ezequiel Gago -este último protagoniza o cartel desta edición- serán os encargados de impartir as clases, unha cita obrigada do verán ourensán.

Máis información e inscricións, aquí.