Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Consello Municipal de Deportes (CMD) do Concello de Ourense abre prazo de inscrición nas listaxes, desde o martes, 2 de marzo, para o posto de persoal Técnico de Administración Xeral (TAX), e dende o mércores, 3 de marzo, para o posto de Auxiliar Administrativo (AAdtvo).

Segundo se recolle nas bases, a solicitude coa documentación pódese entregar no Rexistro do Consello Municipal de Deportes [no Pavillón dos Remedios, na rúa de Pardo de Cela, número 2] ou na sede electrónica do CMD no prazo de 10 días naturais contados desde o 2 de marzo, no suposto de TAX, ou desde o 3 de marzo, no caso de AAdtvo. Con estas convocatorias estréanse as novas bases xerais para a contratación de persoal do CMD que, entre outras novidades, reserva un 7% das prazas para persoas con discapacidade.

O obxecto destas convocatorias é a elaboración de listaxes ordenadas de candidatos para a realización de eventuais nomeamentos en réxime de persoal funcionario interino para as prazas de Auxiliar Administrativo e Técnico de Administración Xeral do Consello Municipal de Deportes.

As listaxes que se elaboren a través destas convocatorias terán unha vixencia de 3 anos.

Toda a información en: Sede electrónica CMD