Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense aprobou por unanimidade na súa xuntanza deste mediodía o proxecto básico e de execución de acondicionamento do polideportivo municipal da Carballeira.

O investimento de 271.028 euros permitirá poñer en valor e acometer unha substancial mellora das condicións de uso deste equipamento municipal, no que se practican a diario diferentes modalidades deportivas como fútbol sala, patinaxe, hóckey liña e hóckey sala, sobre todo, e outras como baloncesto ou balonmán, de forma máis puntual.

O proxecto aprobado polo CMD, redactado por Juan Carlos Mangana, recolle cinco liñas básicas de actuación:

  • Instalación de cuberta por unha tipo "sándwich" para a mellora do confort térmico no interior da instalación, así como unha mellora dos ruídos.

  • Novas bancadas para o público.

  • Iluminación de baixo consumo, tipo LED.

  • Novo pavimento deportivo indicado para as disciplinas que alí se practican.

  • Execución dun novo espazo que sirva de almacén de materiais para as distintas entidades.