Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O III Certame Cartas de Amor, no marco do programa de animación á lectura da Concellería de Educación, entregou  os seus premios ás mellores misivas do total das 120 presentadas. Participaron alumnos e alumnas de 10 centros escolares de 6º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria da cidade.

 

No acto de entrega de premios, que tivo lugar no salón de plenos, participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, persoal da área de Educación, así como profesorado e familia dos gañadores.

Os premiados foron os seguintes:

  • Primeiro premio: María Rey Fernández- IES Blanco Amor
  • Segundo premio: Paula Andrés Diéguez- CPR Luís Vives
  • Mención especial: Borja Blanco Suárez- IES Prácticas
  • Mención especial: Julio César Abreu- IES Blanco Amor