Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense súmase á celebración do "Día mundial das aves 2019" organizando unha actividade de observación desde O Tinteiro, o vindeiro mércores, 2 de outubro, de 16 a 20h.

Organizada pola Aula Municipal de Natureza do río Miño, dependente da Concellería de Educación, convida a persoas de todas as idades a que se acheguen a este espazo, na marxe do río, onde se disporá un posto fixo de observación. As persoas participantes aprenderán a utilizar prismáticos e telescopios, a identificar aves e a observar as máis típicas da contorna do río: biluricos, garzas, gaivotas, martiño peixeiro.... A actividade é libre e gratuíta e non require inscrición previa. Quen queira participar só ten que achegarse ao Tinteiro o mércores desde as 16h.