Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación abre esta fin de semana un segundo prazo para anotarse nas prazas vacantes do programa Concilia Verán 2020, que desenvolverá durante os meses de xullo e de agosto para os nacidos desde 2008 até 2014 -de 6º de Educación Infantil até 6º de Primaria-.

A inscrición realizarase de forma telemática a partir deste sábado, 27 de xuño, e rematará o luns 29 ás 23:59 horas a través da web www.educacionourense.es.

O horario dos centros escolares é de 8:30 a 14.30 horas -para escolares de 5 a 12 anos: 6º de Educación Infantil, rematado este ano, até 6º de Educación Primaria-. Na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, traballarase de 8:30 a 13:30 horas, e só se admitirá alumnado de Primaria.

CENTRO - MES / QUINCENA

  • CEIP O Couto - Agosto
  • CEIP As Mercedes - 1ª quincena de agosto
  • CEIP Vistahermosa - Todo agosto
  • CEIP Manuel Luís Acuña - Xullo e agosto
  • CEIP Albino Nuñez - 2ª quincena de xullo e todo agosto
  • CEIP A Ponte - Agosto
  • CEIP Prácticas - Xullo e agosto
  • CEIP A. Rguez Barroso - Agosto
  • CEIP Irmáns Villar - 1ª quincena de xullo e todo agosto
  • CEIP Inmaculada - Xullo e agosto
  • Aula da Natureza - Agosto