Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Universidade Popular do Concello de Ourense pecha un ano atípico con 2.593 matrículas, un excelente dato de participación dadas as extraordinarias circunstancias deste ano 2020. Este dato confírmase, ao deixar xa matriculadas durante este verán as accións formativas que se impartirán no ultimo trimestre (setembro – novembro). Dos 131 cursos, os que máis alumnos matriculados presentan son:

  • Ioga: 114, en dúas quendas.
  • Exercitación da memoria: 85, en dúas quendas.
  • Formación online: Cartografía dixital (introdución e avanzado): 80.
  • Formación online: Monitor/a especialista en integración e atención a persoas con discapacidade en actividades de ocio e tempo libre: 64.
  • Formación online: Educador medioambiental : 62.
  • Poda e enxerta: 57, en dúas quendas.

Os máis solicitados durante o período de preinscrición foron os de pilates, ioga, cociña saudable, ximnasia hipopresiva ou poda e enxerta, entre outros.

25 aniversario

Este ano cúmprese o 25 aniversario da Universidade Popular, pero queda anulado o Acto de Entrega de Diplomas a causa da Covid-19.

Por outro lado, cara ao vindeiro curso 2021, volveranse ofertar as mesmas accións formativas. O prazo de preinscrición da Universidade Popular 2021 abrirase o xoves 1 de outubro de 2020, ás 9:00, a través do espazo web http://educacionourense.com