Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

 A Concellería de Educación, con motivo da celebración do Día do Libro -o 23 de abril- desenvolverá obradoiros dirixidos ao alumnado de 2º curso de Educación Primaria para achegar a ilustración ao público infantil utilizando a técnica do collage.

Tomando como referencia un conto clásico, o alumnado traballará con recortes de papel para ilustrar os personaxes principais e a portada, e tamén elaborará unha maqueta en forma de acordeón. Os obxectivos educativos son os de traballar con libros, aprender a sintetizar as formas e desenvolver a expresión artística, a destreza cos materiais e a creatividade.

Unha ilustradora profesional desprazarase aos centros de ensino levando o material en paquetes individuais e traballará con grupos-aula ou burbulla, cumprindo en todo momento co protocolo COVID-19.

Participan 7 centros de ensino da cidade repartidos en 10 sesións:

Luns 19 de abril: 

de 9.30h a 11.30h, CPI José G García

de 12.00h a 14.00h, no CEIP as Mercedes

de 15.30h a 17.30h, no CPR Concepción Arenal

Martes 20 de abril: 

de10.00h a 12.00h, no CEIP Mariñamansa

de 15.30h a 17.30h, no CPR Concepción Arenal

Mércores 21 de abril: 

de 9.40h a 12.00h no CEIP Virxe de Covadonga

Xoves 22 de abril: 

de 9.30 h a 14.00h no CEIP Seixalbo

de 15.30h a 17.00h no CPR Padre Feijoo

Venres 23 de abril, Día do Libro:

de 9.00h a 11.00h, no CEIP Mestre Vide

Alcalde e plataforma Pro Campus

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía aos membros da Plataforma Pro Campus Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña, para adoptar unha posición común na defensa da implantación do Grao de Intelixencia Artificial no Campus de Ourense, unha titulación moi apetecida por todos os campus galegos.

Aula da Natureza do Río Miño

Con motivo do Día da Arbore, que se celebra mundialmente este domingo 21, a Aula da Natureza do Río Miño da Concellería de Educación repartirá máis de 1.000 árbores entre 11 centros educativos da cidade.

Actividade de Educación

A Concellería de Educación inicia un programa de saúde e protección escolar fronte á Covid 19 dirixido a un milleiro de alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato na cidade, en colaboración con profesionais sanitarios, para resolver as dúbidas sobre a pandemia e sobre as medidas de prevención e hixiene establecidas nos protocolos escolares.

Obradoiro de Educación Ambiental

A Concellería de Educación, dentro do seu programa ambiental, desenvolverá dous obradoiros para os escolares da cidade desde o mes de febreiro.