O obxectivo é a realización dun caderno de datos onde os nenos e nenas poidan plasmar con debuxos as distintas árbores que se lles mostrarán, coñecendo a súa función no medio e, sobre todo, os datos de interese da árbore ou planta que elixamos. A actividade complétase con dúas montaxes audiovisuais da naturista Edith Holden, que dedicou a súa vida á observación da natureza e a representala en debuxos realizados por ela mesma, quen tiña como profesión ilustrar libros de contos.
Para rematar e complementar a xornada de observación co traballo nas aulas, estudarán o esquema do emprazamento dun campo forestal, así como das especies elixidas.