Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”, de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de ensino.

O Xurado único, composto pola escritora Arantza Portabales Santomé, acordou conceder o premio na modalidade Infantil a Mª Victoria Outeiriño Cid de 6º curso de Educación Primaria do CPR Sta Teresa de Jesús polo seu traballo titulado “Testemuño dunha Muller na Guerra” e na modalidade Xuvenil, Beatriz Rodríguez Alves de 3º de ESO do CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle polo seu traballo titulado “Cambio de Rumbo”

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, entregou os premios ás dúas estudiantes, que leron ao público os seus relatos. A continuación o alumnado asistente tivo a oportunidade de gozar co espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”, de Fantoches Baj con música en directo, monicreques, teatro e narración oral.

Asistiron á actividade 120 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos colexios Padre Feijoo, Santa Teresa de Jesús e A Purísima

Correlingua

Paralelamente, escolares de 19 centros de ensino participaban no Correlingua 2019, que se desenvolveu na Praza Maior e no Auditorio, con xogos populares, concurso de pancartas, percorrido polas rúas da cidade, actuacións do grupo de gaitas do CPR Seminario Menor A Inmaculada, lectura do MANIFESTO 2019, proxección dos vídeos gañadores do concurso, actuación do Grupo Cuarta xusta, gañador do Cantalingua, entre outras actividades de reivindicación da lingua.