Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá o próximo luns, 10 de xuño o prazo de inscrición na programación de actividades de verán para escolares que se desenvolverán nas bibliotecas municipais e na Aula de Natureza. As familias interesadas poden anotar a nenas e nenos na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, 1º, para as actividades da aula de Oira e nas propias bibliotecas da Carballeira, San Francisco e A Ponte para as que nelas se desenvolven. O prazo de inscrición rematará o 26 de xuño e as prazas adxudicaranse por orde de presentación de solicitudes.

A programación da Aula de Natureza do río Miño está dirixida a alumnado de Educación primaria (de 6 a 12 anos) e estenderase durante os meses de xullo, agosto e ate o 6 de setembro. Os horarios son de mañá e tarde; de 10 a 13 e 17 a 19h (agás os venres pola tarde, cando pecha). A actividade custa 10 euros por escolar e mes, e 5 euros por irmán ou irmá.
Nas biblioteca as actividades realizaranse durante os meses de xullo e agosto, de 10.30 a 13.00 horas. Están dirixidas a alumnado de 4 a 10 anos e a inscrición é gratuíta.